Participación na fase galega da Olimpíada Matemática Española

O equipo do Colexio Plurilingüe San Fermín de Caldas de Reis, desprazouse á Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela para participar nas probas da Fase Galega da LIII OlimpíadaMatemática Española. Nesta edición participaron 105 rapaces e rapazas.
A decana, deulles a benvida e agradeceulle ao profesorado a súa vocación e entrega para difundiren entre o alumnado o gusto pola resolución de problemas.

 
As probas comezaron cunha sesión de tres horas e media para resolver tres problemas nos que o enxeño e o razoamento son máis importantes que os coñecementos.

Logo doutra sesión pola tarde, corrixiranse os exercicios para seleccionar os tres estudantes que representarán a Galicia na fase nacional que este ano terá lugar en Alcalá de Henares do 23 ao 26 de marzo.


¡Moita sorte a todos!



  

No hay comentarios:

Contacto

Ponte en contacto connosco a través de sanferminciencias1@gmail.com ou premendo na imaxe.