Criterios de Avaliación. Física e Química

PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN NAS DISTINTAS ÁREAS DA E.S.O.

 

 

ÁREA DE FÍSICA E QUÍMICA

 

 

1      Criterios sobre a avaliación, a cualificación e a promoción do alumnado.

 

1.1       Avaliación

Os referentes para a comprobación do grao de adquisición das competencias clave e o logro dos obxectivos da etapa nas avaliacións continua e final serán os criterios de avaliación e estándares de aprendizaxe que figuran no apartado 4 desta programación.

A avaliación do proceso de aprendizaxe do alumnado de educación secundaria obrigatoria será continua, formativa e integradora.

No proceso de avaliación continua, cando o progreso dun alumno ou unha alumna non

sexa o adecuado, estableceranse medidas de reforzo educativo. Estas medidas adoptaranse en calquera momento do curso, tan pronto como se detecten as dificultades, e estarán dirixidas a garantir a adquisición das competencias imprescindibles para continuar o proceso educativo.

A avaliación das aprendizaxes dos alumnos e das alumnas terá un carácter formativo e será un instrumento para a mellora tanto dos procesos de ensino como dos procesos de aprendizaxe.

A avaliación do proceso de aprendizaxe do alumnado deberá ser integradora, e deberá terse en conta desde todas as materias a consecución dos obxectivos establecidos para a etapa e do desenvolvemento das competencias correspondente. O carácter integrador da avaliación non impedirá que o profesorado realice de xeito diferenciado a avaliación de cada materia tendo en conta os criterios de avaliación e os estándares de aprendizaxe de cada unha delas.

 

1.2        Avaliación inicial

 

Para orientar ao profesorado sobre o nivel académico do alumnado realizarase unha avaliación inicial ao comezo do curso cuxo contido terá en conta os mínimos establecidos no curso anterior.

A proba consistirá en varios exercicios extraídos do currículo da materia de física-química do curso anterior ao actual dos alumnos.

Os resultados serán comunicados as familias mediante a “axenda do alumno”.

Segundo os resultados obtidos nestas probas contemplamos a posibilidade de adoptar diferentes medidas individuais ou colectivas, as cales se detallan no apartado 11 desta programación.

1.3       Criterios de cualificación

1.3.1       Criterios de cualificación por avaliacións de 2º da ESO:

 

A nota da avaliación terá en conta, por un lado as probas escritas realizadas (85%) e por outro o traballo e actitude cara a materia por parte do alumno (15%). No boletín figurará un redondeo simple desta nota.

 

·         Sistema de valoración das probas escritas (85%):

 

2º ESO

1ª Avaliación.

%

1

As magnitudes e a súa medida. O traballo científico.

33,3

2

Estados da materia.

33,3

3

Mesturas

33,4

2ª Avaliación.

%

4

Elementos e compostos químicos

33,3

5

Estrutura da materia

33,3

6

Transformación da materia

33,4

3ª Avaliación.

%

7

Forzas

33,3

8

O movemento

33,3

9

Enerxía, calor e temperatura. Obtención e consumo

33,4

NOTA: O número e a porcentaxe asignada a cada proba escrita pode modificarse previa comunicación ao alumnado do grupo.

 

 

As probas valoraranse de 0 a 10 puntos

 

·         Valoración do traballo persoal e diario (15%):

A nota dividirase en

 

a)  Traballo individual (10%)

 

Valorase:

ü  Caderno de clase: 2,5%

ü  Deberes: 2,5%

ü  Traballos de investigación científica: 5%

Para o seguimento, revisión e valoración do referido neste apartado utilizaremos as rúbricas adxuntas no apartado de anexos desta programación.

 

Caderno de clase:

Para o seguimento, revisión e valoración do referido neste apartado utilizaremos como referencia os contidos das duas libretas máis completas da clase e a programación da aula do profesor que especifica os contidos efectivamente explicados na aula.

No caso de que se atopen partes incompletas, erros ou exercicios sen corrixir, o alumno poderá recuperar a nota completando o caderno de clase.

 

Deberes:

Para o seguimento, revisión e valoración do referido neste apartado utilizaremos o diario do profesor, onde se apuntarán a diario os alumnos que non realizaron os deberes ou que os realizaron de forma incompleta. Cada día que o alumno non traía os deberes feitos ou os traia incompletos -sen xustificar- restarase un punto (sobre 10 totais) na cualificación deste apartado. O alumno poderá recuperar a nota realizando traballos ou exercicios complementarios de deberes que lle proporá o profesor.

 

Traballos de investigación científica:

Para valoración do referido neste apartado teremos en conta a entrega en prazo do documento, que se realice ce maneira completa, así como a calidade do propio documento escrito. Poderase recuperar, antes do final de avaliación, mediante un/s traballo/s complementarios relacionados cos levados a cabo, propostos polo profesor.

 

Para poder facer media, a nota mínima deste apartado completo deberá ser superior a 4 sobre 10. De non ser así, a nota media máxima da avaliación será de 4.

 

 

b)    Traballo grupal na aula (5%)

 

Neste apartado, mediante as notas tomadas na axenda do profesor (observación na aula), cualificaranse de 0 a 10 os alumnos que:

a.    Participan de forma moi activa e notable na clase e co seu traballo e actitude favorecen a aprendizaxe do grupo clase, facendo comentarios e aportes significativos.

b.    Non participan e dificultan a aprendizaxe do grupo clase de forma notable e o seu traballo e a súa actitude dificultan a aprendizaxe do grupo clase.

c.    Os alumnos que non afecten de forma notable, co seu traballo, a súa actitude e participación, na aprendizaxe do grupo clase, a nota deste apartado será igual á do traballo individual, para que non afecte á media da valoración do traballo persoal e diario.

 

1.3.2    Criterios de cualificación por avaliacións de 3º e 4º da ESO:

 

A nota da avaliación terá en conta, por un lado as probas escritas realizadas (85%) e por outro o traballo e actitude cara a materia por parte do alumno (15%). No boletín figurará un redondeo simple desta nota.

 

·         Sistema de valoración das probas escritas (85%):

 

3º ESO

1ª Avaliación.

%

1

As magnitudes e a súa medida. O traballo científico.

20

2

A materia. Gases.

40

3

Substancias puras e mesturas. Disolucións.

40

2ª Avaliación.

%

4

Teoría atómica.

30

5

Enlace químico.

30

6

Formulación inorgánica.

30

7

Química, tecnoloxía e sociedade. (Traballo)

10

3ª Avaliación.

%

8

Estequiometría. Reacción química.

30

9

Carga eléctrica.

30

10

Corrente eléctrica.

30

11

Electromagnetismo. (Traballo)

10

 

4º ESO

1ª Avaliación.

%

1

O movemento

50

2

Forzas. Equilibrio (a proba poderase facer conxuntamente coa do tema 3)

25

3

As forzas e o movemento 

25

2ª Avaliación.

%

4

Gravitación Universal

30

5

Traballo, Enerxía e Calor

30

6

Táboa periódica dos elementos. Enlace químico.

40

3ª Avaliación.

%

7

A linguaxe da química

35

8

Reaccións químicas

35

9

Química orgánica

30

NOTA: O número e a porcentaxe asignada a cada proba escrita pode modificarse previa comunicación ao alumnado do grupo.

 

As probas valoraranse de 0 a 10 puntos

 

·         Valoración do traballo persoal e diario (15%):

A nota dividirase en

 

a)    Traballo individual (10%)

 

Valorase:

ü  Caderno de clase: 2,5%

ü  Deberes: 2,5%

ü  Traballos de investigación científica: 5%

Para o seguimento, revisión e valoración do referido neste apartado utilizaremos as rúbricas adxuntas no apartado de anexos desta programación.

 

Caderno de clase:

Para o seguimento, revisión e valoración do referido neste apartado utilizaremos como referencia os contidos das duas libretas máis completas da clase e a programación da aula do profesor que especifica os contidos efectivamente explicados na aula.

No caso de que se atopen partes incompletas, erros ou exercicios sen corrixir, o alumno poderá recuperar a nota completando o caderno de clase.

 

Deberes:

Para o seguimento, revisión e valoración do referido neste apartado utilizaremos o diario do profesor, onde se apuntarán a diario os alumnos que non realizaron os deberes ou que os realizaron de forma incompleta. Cada día que o alumno non traía os deberes feitos ou os traia incompletos -sen xustificar- restarase un punto (sobre 10 totais) na cualificación deste apartado. O alumno poderá recuperar a nota realizando traballos ou exercicios complementarios de deberes que lle proporá o profesor.

 

Traballos de investigación científica:

Para valoración do referido neste apartado teremos en conta a entrega en prazo do documento, que se realice ce maneira completa, así como a calidade do propio documento escrito. Poderase recuperar, antes do final de avaliación, mediante un/s traballo/s complementarios relacionados cos levados a cabo, propostos polo profesor.

 

Para poder facer media, a nota mínima deste apartado completo deberá ser superior a 4 sobre 10. De non ser así, a nota media máxima da avaliación será de 4.

 

 

b)    Traballo grupal na aula (5%)

 

Neste apartado, mediante as notas tomadas na axenda do profesor (observación na aula), cualificaranse de 0 a 10 os alumnos que:

a.    Participan de forma moi activa e notable na clase e co seu traballo e actitude favorecen a aprendizaxe do grupo clase, facendo comentarios e aportes significativos.

b.    Non participan e dificultan a aprendizaxe do grupo clase de forma notable e o seu traballo e a súa actitude dificultan a aprendizaxe do grupo clase.

c.    Os alumnos que non afecten de forma notable, co seu traballo, a súa actitude e participación, na aprendizaxe do grupo clase, a nota deste apartado será igual á do traballo individual, para que non afecte á media da valoración do traballo persoal e diario.

 

1.3.3       Recuperación das avaliacións:

Despois de cada avaliación os alumnos que non obtiveran unha cualificación igual ou superior a 5 terán a opción de facer unha proba escrita de recuperación de toda a avaliación. A puntuación así obtida supón o 100% da nota final da recuperación. Se a cualificación final acadada é igual ou superior aos 5 puntos, considerarase a avaliación como aprobada cunha nota de 5 a efectos do cálculo da nota media final de curso. Para facer a media final de xuño, contará a maior nota de entre a media da avaliación e a recuperación, tendo en conta os criterios anteriores.

 

1.4        Cualificación final (xuño).

 

O cálculo da nota media final do curso no mes de xuño será o resultado da media aritmética obtida en cada unha das tres avaliacións (nota media final de cada avaliación sen redondeo). No boletín figurará un redondeo simple desta nota.

Aqueles alumnos que na media aritmética obteñan unha nota inferior a 5 terán a opción de facer un exame de recuperación global cos contidos de todo o curso.

Se a media da nota das tres avaliacións chega a un 5, pero algunha delas non chega ao 3 deberase recuperar dita avaliación no exame de recuperación de xuño. De non recuperarse na proba, deberase recuperar a totalidade da materia en setembro.

 

A recuperación da terceira avaliación poderá coincidir coa data de recuperación final de xuño, polo que o alumnado que só teña suspensa a terceira avaliación, poderá optar por recuperala ou recuperar todo o curso.

 

No caso de non aprobar esta proba de recuperación final (nota inferior a 5 puntos) o alumno será cualificado como suspenso na convocatoria ordinaria de xuño e deberá recuperar a totalidade dos contidos do curso na convocatoria extraordinaria de setembro.

Opcionalmente, no caso de que o docente da materia considere oportuno realizar unha proba para subir nota, esta coincidirá coa recuperación final de xuño e unicamente poderá supor, como máximo, a mellora de 1 punto da nota media do curso. Para mellorar a nota, deberase obter, na proba, unha cualificación superior a 8.

 

1.5       Cualificación final (setembro).

 

Na convocatoria de setembro os alumnos que non acadaron os obxectivos mínimos do curso terán a opción de facer unha única proba escrita de recuperación global cos contidos de todo o curso. Para poder superar a materia terá que entregarse un traballo cos exercicios propostos polo profesor. O traballo suporá como máximo un punto na cualificación final.

 

1.6       Promoción do alumnado

 

As decisións sobre a promoción do alumnado dun curso a outro, dentro da etapa, serán adoptadas de xeito colexiado polo conxunto de profesores e profesoras do alumno ou da alumna respectivo/a, atendendo ao logro dos obxectivos da etapa e ao grao de adquisición das competencias correspondentes.

 

 

2       Organización das actividades de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes.

 

Os alumnos que teñan que recuperar a materia de física-química de cursos anteriores da  ESO deberán facer un traballo que lles será entregado a comezos de curso e terán un exame no mes de maio. O traballo supón un máximo de 3 puntos na nota sendo necesario obter un mínimo de 2 puntos no exame para aprobar a materia.

No caso de non superar os mínimos esixidos na convocatoria de maio terán unha segunda oportunidade, nas mesmas condicións na primeira semana do mes de setembro.

En caso de aprobar a materia de física-química do curso actual, consideraranse como recuperadas as materias de física e química pendentes de cursos anteriores, sempre e cando teñan realizados correctamente os traballos correspondentes deses cursos.

Do seguimento, revisión e valoración do traballo, así como da elaboración e corrección das probas escritas ocuparanse os seguintes profesores do departamento:

2º ESO: Gemma Rodríguez Fernández

3º ESO: César Tejada Cid

No hay comentarios:

Contacto

Ponte en contacto connosco a través de sanferminciencias1@gmail.com ou premendo na imaxe.