Club de Ciencias

Recentemente os alumnos do CPR Plurilingüe San Fermín de Caldas de Reis, crearon o Club de Ciencias, para indagar máis a fondo nos misterios da ciencia.



IDEAS FUNDACIONAIS

¿Quen pode formar parte do club?
  • Todos os alumnos e exalumnos do CPR Plurilingüe San Fermín.
  • ¿E os profes? ¡¡Todos somos benvidos, que unha axudiña e unha orientación non ven mal!!

Obxectivos
  • Incentivar a investigación e o desenvolvemento de novos proxectos no ámbito da cienciA e a tecnoloxía, mudando dúbidas, curiosidades e inquietudes científicas en investigacións.
  • Comunicar experiencias a outros alumnos e a antigos alumnos.
  • Colaborar na organización de eventos científicos (Semana de Ciencia, concursos,…)
  • Recompilar e crear material científico para compartir na biblioteca e no laboratorio.

Cando:
As reunións científicas serán:
  • en horario extraescolar
    • durante os recreos
    • en horario de 2 a 3
    • de 5 a 6 polas tardes
    • algún sábado para as “saídas
  • non será obrigatorio asistir sempre.

Medios e actividades previstas
  • Creación do blog do Club de Ciencias dentro do blog do Departamento de Ciencias
  • Realización de Investigacións no laboratorio.
  • Realización de traballo de campo.
  • Colaboración na organización da Semana de Ciencia.
  • Participación en concursos matemáticos, científicos,… 
¿E se teño máis dúbidas?
Podes consultalas aos teus profesores e profesoras.

No hay comentarios:

Contacto

Ponte en contacto connosco a través de sanferminciencias1@gmail.com ou premendo na imaxe.