Ciencia na Rúa na II Semana da Cultura Científica "Sabio Caldas"

O concello de Caldas organiza a II Semana da Cultura Científica "Sabio Caldas". Entre as diversas actividades que se organizan, hai unha realizada polo alumnado dos centros de Caldas de Reis, "Ciencia na Rúa".

Os alumnos do CPR Plurilingüe San Fermín, xunto con alumnos de outros colexios, estarán as mañás do martes, mércores e xoves  realizando experiencias e dando explicacións sobre elas no Paseo Román López (fronte o auditorio).

Estes encontros científicos, dedicados especialmente aos alumnos dos centros do concello, son para desfrutar de experiencias dun xeito lúdico e divertido.

Lembra: A ciencia está na rúa todos os días pero a próxima semana ¡moito mais!








No hay comentarios:

Contacto

Ponte en contacto connosco a través de sanferminciencias1@gmail.com ou premendo na imaxe.