Semana da Ciencia 2017 "Atrévete a investigar"



De seguro que alentados polo lema deste curso: “ATRÉVETE”, os alumnos do CPR Plurilingüe San Fermín teñen dado un gran paso adiante: fundaron o Club de Ciencias San Fermín.




Así que este ano, moitos dos actos da Semana da Ciencia están organizados por eles e nós, o Departamento de Ciencias colaboraremos e aprenderemos desta canteira de científicos e científicas.
 


Os grandes movementos comezan cando unha persoa ou un pequeno grupo delas decide tomar a rendas e iniciar un cambio.
Pois ben: o primeiro paso está dado por un grupo de novos investigadores do CPR San Fermín ¿ata onde chegará este cambio?


A actividade central da semana será o Rebumbio de experimentos, enteiramente organizado polo Club de Ciencias. Eles nos proporán, nun tempo récord, multitude de sinxelos experimentos que nos permitirán achegarnos a conceptos científicos do día a día.
  


Os alumnos de 4º da ESO visitarán a fábrica de FORESA en Caldas, para que coñezan o seu funcionamento, centrándonos no seu departamento de investigación, desenvolvemento e innovación.

Na liña do recoñecemento que obtivo o centro a nivel estatal -o Selo de Vida Saudable-, os rapaces e rapazas de 1º da ESO iniciarán nesta semana o proxecto Master Chef, que xuntará as matemáticas e a alimentación saudable.



Analizaremos tamén cos alumnos da opción académica e científica de 4º da ESO, por un lado o ADN e, por outro, os tipos de movementos físicos do día a día: tirar cara arriba ou cara abaixo, deixar caer ou lanzar cara adiante.


Pois ata o próximo curso, ata entón continuaremos atrevéndonos a investigar.





 



No hay comentarios:

Contacto

Ponte en contacto connosco a través de sanferminciencias1@gmail.com ou premendo na imaxe.