Séguenos a través do Email

Últimas Novas

Hai que ser un todoterreo para poder superalo.
Un difícil e intenso concurso de matemáticas que se desenvolve en grupos de 8 alumnos de diferentes niveis.
Este ano o Colexio Plurilíngüe San Fermín presentou os seus 4 equipos máis todoterreo da ESO: dous de 1º, un de 3º e outro de 4º.

¡¡Coidado que veñen curvas!!
¡¡Coidado que ven o Rally de Matemáticas Igaciencia 2017!!
 

0

O concurso de matemáticas ao que se presentan estes días os nosos estudantes é o Concurso Matemáticas Pangea 2017.

Neste concurso os nosos matemáticos de primero, segundo, terceiro e cuarto da ESO loitarán para acadar o prezado premio.

Pero... é practicando como se chega ao premio de verdade... ¡¡o ben que se queda un cando resolve un reto matemático!!

¡¡Vémonos nos retos!!
¡¡Vémonos nas aulas!!

0

¡¡No puido ser desta vez!! Os nosos representantes quedaron fora dos postos de cabeza da fase galega da Olimpíada Matemática Española, pero seguro que, o ano que ven, cando se presenten de novo, quedan nunha mellor posición.

Foi outra aprendizaxe para o futuro, da que nos quedará un bo recordo, inmortalizado na foto oficial, que compartimos con vós:


A ver se atopades aos representantes do CPR Plurilingüe San Fermín de Caldas. Unha pista: de entre todos eses con cara de listos, os nosos son, ademáis, os máis guapos ;-)

¡Ata o ano que vén olímpicos!
0

O equipo do Colexio Plurilingüe San Fermín de Caldas de Reis, desprazouse á Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela para participar nas probas da Fase Galega da LIII OlimpíadaMatemática Española. Nesta edición participaron 105 rapaces e rapazas.
A decana, deulles a benvida e agradeceulle ao profesorado a súa vocación e entrega para difundiren entre o alumnado o gusto pola resolución de problemas.

 
As probas comezaron cunha sesión de tres horas e media para resolver tres problemas nos que o enxeño e o razoamento son máis importantes que os coñecementos.

Logo doutra sesión pola tarde, corrixiranse os exercicios para seleccionar os tres estudantes que representarán a Galicia na fase nacional que este ano terá lugar en Alcalá de Henares do 23 ao 26 de marzo.


¡Moita sorte a todos!



  

0

Un difícil reto. Só os máis avezados estudantes son quen de afrontalo. Aínda que se medirán con alumnos maiores a eles, Ana, Jesús e Diego, de 4º da ESO, competirán na Olimpíada Matemática que se vai celebrar o venres 13 de xaneiro na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.
Todo o Colexio Plurilingüe San Fermín de Caldas de Reis estará apoiándoos neste difícil reto.  ¡¡Ánimo campións!!



0

O novo reto ao que se presentan os nosos estudantes será o Concurso Canguro Matemático 2017.
Trátase dun concurso no que os científicos matemáticos de primero segundo, terceiro e cuarto da ESO terán que loitar para acadar o prezado premio. ¡¡Xa temos composto un equipazo de 37 alumnos!!

0


Co motivo do 25 de novembro, Día contra a Violencia de Xénero dámonos conta de que aínda vivimos nun mundo marcado polas diferencias de xénero. Pese a que superficialmente parece que cada vez máis mulleres están a alcanzar a igualdade de condicións respeto dos homes, a realidade é que os prexuizos seguen a existir.

Algunhas cifras recentes da violencia machista


  • O 79% das persoas que son vendidas e mercadas para ser explotadas sexualmente son mulleres e nenas.
  • Un terzo das mulleres son obligadas a casarse antes dos 18 anos. E unha de cada nove se casa antes de cumplir os 15.
  • Hoxe en día, nos medios de comunicación publícanse titulares machistas.
  • O 38% das mulleres que morren no mundo é a mans da violencia de xénero. E, concretamente en España, una muller é violada cada oito horas.
  • A brecha salarial segue a existir, as mulleres cobran un 75% menos cos homes.
  • Aproximadamente o 40-50% das mulleres europeas sofren acoso no seu traballo.
  • Globalmente, só un 21% dos postos directivos son mulleres.
  • As mulleres representan dous terzos dos 792 millóns de adultos analfabetos no mundo.

Malala Yousafzai, unha loita pola educación para as nenas

Unha historia de esperanza protagonizada por unha rapaza que só quere igualdade na ensinanza.



A gañadora do Nobel da Paz (con só 17 anos) loita a diario por recoñecer a importancia e a necesidade de que todas as nenas do mundo teñan dereito á educación, según ela, un arma infalible coa que loitar polos dereitos humáns.



Malala foi víctima dun atentado talibán mentres dirixíase a clase. Os terroristas asaltaron o autobús no que iban ela e máis as súas compañeiras e dispararon repetidas veces contra Malala. Ela conseguiu subrevivir, tras varias operacións, e a pesar de que sabe que é un risco para a súa vida, non para de loitar por defender os dereitos das mulleres, especialmente o dereito á educación das nenas.



Un neno, un profesor, un libro e unha pluma poden cambiar o mundo. A educación é a única solución.


0

Profesores

Mi foto
César Tejada Cid; Gemma Rodríguez Fernández; Belén Álvarez Fernández; Ana M. Temes; Profesores anteriores del departamento: Miguel G. Taboada; Gutier Fernández Villar; Luis Lores Casalderrey; Pepe Búa;

Contacto

Ponte en contacto connosco a través de sanferminciencias1@gmail.com ou premendo na imaxe.